
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta destacou hoxe a colaboración público-privada para facer do novo viveiro industrial de Mos un motor da economía local. As palabras tiveron lugar na presentación desta iniciativa, na que cooperan o Concello de Mos e a Asociación de empresarios de Mos (Aemos) co apoio da Xunta, e que, cun investimento de preto de 300.000 euros, permitirá ofrecer novos servizos a emprendedores e empresas.
O feito de que Mos sexa Concello Emprendedor facilitou que puidese acceder aos fondos destinados á posta en marcha de viveiros industriais, e serviu, tal e como apuntou o conselleiro, para propiciar que a planta de Benteler se instalase na localidade, cun investimento de 20 millóns de euros e xerando 175 novos postos de traballo.
Fonte: Xunta de Galicia