A Xunta anuncia un incremento nas axudas a pemes e autónomos para impulsar 200 novos proxectos empresariais

O presidente da Xunta, anunciou hoxe que a nova edición do Galicia Emprende contará cunha achega de 9 millóns de euros, un 28% máis que na pasada edición, para apoiar 200 proxectos de autónomos e emprendedores, que mobilizarán investimentos por valor de 24 millóns de euros e cunha previsión de creación ou mantemento de 700 postos de traballo.

O Galicia Emprende ten como obxectivo favorecer a creación de novas empresas e consolidar proxectos que leven menos de 42 meses funcionando.  O importe dos investimentos apoiados oscilará entre os 25.000 e os 500.000 euros, deste xeito, este ano achéganse 9M€ en lugar dos 7M€ da anterior edición; chegarase a 200 proxectos, fronte aos 159 de 2018; mobilizaranse 2M€ mentres que na anterior foron 16 M€, e crearanse 700 postos de traballo, 313 máis que na primeira convocatoria.

A Xunta de Galicia conta cunha serie de ferramentas para as pequenas empresas e para as empresas que acaban de constituírse (menos de 3 anos e medio) ou que queiran constituír unha empresa nova: a plataforma StartIN Galicia, que ofrece un apoio integral a todos os proxectos nados das incubadoras, os préstamos directos da liña de Instrumentos Financeiros Innovadores (IFIs) e os préstamos participativos ou capital risco a través do Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras.

Exemplos de éxito da anterior edición de Galicia Emprende son o caso dun taller mecánico situado no polígono Industrial das Gándaras (Lugo), que investiu medio millón de euros mantendo 6 postos de traballo e creando outro; unha escola hípica en Gondomar, cun investimento de 361.000€ e a creación de 10 empregos; unha adega de Ribadumia, cunha inversión de 270.000€ e creación de 10 postos de traballo; ou un taller mecánico en Pontevedra promovido por dous emprendedores e que tivo un investimentos de 290.000€ e creou dous postos de traballo.

Fonte.- Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-04-04 09:15:00
Subir