
A Xunta acaba de adxudicar 30.000 metros cadrados de chan empresarial en oito concellos galegos, entre eles o do Pereiro de Aguiar, tras a súa aprobación esta semana na comisión executiva de Xestur. Unha empresa de fabricación e montaxe de estruturas metálicas adquiriu neste municipio unha parcela de 1.461 metros cadrados, pola que pagará 58.440 euros, tras aplicarlle unha bonificación dun 50 %. Este ano, o goberno autonómico adxudicou 92 parcelas, ás que agora se suman as 8 aprobadas, polo que o 2021 péchase coa adxudicación de cen parcelas en Galicia, que comprenden un total de 267.000 metros cadrados. A Xunta aplica desde os 2015 descontos sobre o prezo de venda en todas as parcelas da súa titularidade, sendo do 50 % nos parques das provincias de Lugo e Ourense.
Fonte: La Voz de Galicia