A Xunta, a través da empresa pública Xestur Galicia, adxudicou recentemente unha parcela de solo empresarial no parque da Veigadaña, no municipio pontevedrés de Mos, para a instalación dun centro de inspección técnica de vehículos.
Os terreos teñen unha superficie de 3.420 metros cadrados e foron adxudicados polo Consello de Administración de Xestur por un importe de 554.040 euros, despois de aplicar xa unha bonificación do 30% sobre o prezo de venda da parcela.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2024-03-25 13:00:00