A Xunta adxudica as obras de conexión do Parque empresarial de Morás, Arteixo.

Xestur Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, acaba de adxudicar, por un importe de 2.007.862,45 euros, as obras das conexións exteriores do parque empresarial de Morás, en Arteixo, que foran licitadas o pasado Xaneiro.

As actuacións, adxudicadas á empresa Acciona Construción S. A., permitirán facilitar o subministro de auga potable ás empresas instaladas no parque e a súa conexión coas redes de saneamento, así como á rede de eliminación de augas pluviais.

Cómpre lembrar que actualmente Xestur está executando xa en Morás as obras de urbanización interior da primeira fase, adxudicadas en decembro do ano pasado por un importe de 3.745.177,27 euros, e as obras de explanación de varias parcelas, cuxa adxudicación quedou resolta a comezos do mes de marzo por 1.649.036,00 euros.

Por último, tamén están licitadas as obras de electrificación do parque empresarial, cun orzamento inicial de 1.146.678,95 euros. 

Fonte.- IGVS

 

Fecha publicacion: 
2019-04-26 11:45:00
Subir