A Xunta adxudica máis de 39.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións por importe de máis de 1,37 millóns de euros

A Xunta de Galicia vén de adxudicar un total de 32.009 metros cadrados de solo empresarial con prezo bonificado en seis parques empresariais propiedade da empresa pública Xestur. O prezo total que pagarán as empresas adxudicatarias supera os 2,9 millóns de euros, despois de aplicar bonificacións por importe de 1,37 millóns de euros.

Dende a implantación das bonificacións no prezo do solo empresarial en 2015 a Xunta adxudicou preto de 2,3 millóns de metros cadrados nos parques propiedade do IGVS e de Xestur.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-07-06 13:00:00
Subir