
A Xunta de Galicia adxudicou 7 parcelas, cunha superficie total de 26.164 metros cadrados de superficie, nos parques empresariais da Sionlla, en Santiago de Compostela, e As Gándaras, en Lugo. A bonificación total aplicada sobre o prezo de venda é de 1.184.347,70 euros.
Así se acordou esta mañá durante a comisión executiva da empresa pública Xestur. En concreto, no caso da Sionlla adxudicáronse 3 parcelas cunha superficie de 18.613 metros cadrados e unha bonificación por importe de 742.232,70 euros.
As empresas que adquiriron este solo no parque compostelán corresponden aos sectores de almacenamento de mercadorías en tránsito e de distribución maiorista.
Polo que respecta ao polígono industrial lucense das Gándaras, adxudicáronse 4 parcelas, cunha superficie de 7.551 metros cadrados e bonificacións aplicadas por 442.115 euros. As empresas adxudicatarias, neste caso, pertencen aos sectores de enerxía, fisioterapia, enxeñería e actividades recreativas.
Fonte: Xunta de Galicia