A Xunta adxudica a explanación de seis plataformas en Morás (Arteixo)

1,6 millóns de Euros foi o prezo pactado polo Consello de Administración de Xestur para a adxudicación dos traballos de explanación de seis plataformas do parque empresarial de Morás (Arteixo) e dos servizos de control de calidade da obra.

Estas plataformas atópanse emplazadas na primeira fase do polígono, onde se están levando a cabo as tarefas de urbanización. Coa explanación destas parcelas e unha vez rematadas as obras, estarán preparadas para a implantación de empresas, segundo indicou a Consellería de Medio Ambiente nun comunicado.

Xestur Galicia, destinará 1 649 036 euros a este cometido, e 37 364,80 euros aos servizos de control de calidade. 

Fonte.- El Ideal Gallego

Fecha publicacion: 
2019-03-10 09:45:00
Subir