A Xunta activa o Plan de financiamento empresarial de Galicia 2019

O Goberno autonómico vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019 co obxectivo de que ningún proxecto viable se quede sen desenvolver por falta de financiamento. Especialmente no caso das pequenas e medianas empresas de carácter industrial.

A través deste plan, que contará cun orzamento de 100M€, facilitarase financiamento para 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes. Ademais, prevese mobilizar o montante de preto de 300M€ a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, crecemento das pemes da industria e tamén ao apoio ás actividades de innovación.

O presidente da Xunta sinalou que esta iniciativa será impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e XesGalicia coa colaboración doutras entidades como: o Banco Europeo de Investimentos (BEI), o Instituto de Crédito Oficial (ICO), as sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo e a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación (CESCE).

Sobre este punto, detalláronse algunhas das principais novidades deste plan que se puxo en marcha por primeira vez no ano 2014. Entre elas atópase o novo programa de préstamos para o financiamento de proxectos estratéxicos destinado a iniciativas de entre 1,5 e 10M€, cunha dotación de 16,5M€.

Fonte.- IGAPE

Fecha publicacion: 
2019-03-25 10:30:00
Subir