
A Xunta mantén o seu compromiso coa mellora das infraestruturas e os servizos dos parques empresariais galegos e vén de abrir un total de tres convocatorias de axudas cun orzamento global de 7,9M€ cos que se agarda mobilizar preto de 10M€ e apoiar unha trintena de iniciativas. Deste xeito, os polígonos industriais axudarán a que as empresas xa instaladas gañen en competitividade e contribuirán á captación de novos investimentos industrias en Galicia. Este obxectivo enmárcase na aposta que a Xunta realiza para potenciar a industria a través de iniciativas como a Lei de implantación empresarial e a figura dos Concellos Emprendedores. De feito, estes terán prioridade á hora de acceder ás axudas das tres convocatorias outorgándolles unha maior puntuación nos criterios de valoración.
Fonte| Xunta de Galicia