Xestur saca a concurso máis de 35.000 metros cadrados de solo empresarial nas provincias de Lugo e Pontevedra

A sociedade Xestión do Solo de Galicia Xestur S.A. sacou á venda, por medio de concurso, parcelas de solo empresarial nos parques de Arbo, Mos, A Reigosa (Pontevedra) e As Gándaras (Lugo). En total, a superficie posta á venda supera os 35.000 metros cadrados de solo empresarial. O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso estará aberto ata o vindeiro 2 de setembro, entregando a proposta en sobre pechado nas oficinas de Xestur en Galicia.

Fonte.- Xestur Galicia

Fecha publicacion: 
2019-08-02 09:00:00
Subir