
O goberno municipal de Lalín, xunto coa Asociación de Empresarios do Deza, iniciou contactos coa entidade autonómica Xestur, para a ampliación do parque industrial Lalín 2000. A iniciativa leva tempo sen avances, sen embargo, tras o acordo de ir desenvolvendo o solo empresarial por fases, estableceuse o mes de setembro para a exposición por parte de Xestur da proposta para iniciar a cuarta fase do parque empresarial. A ampliación destinarase á satisfacción da demanda existente e á creación de emprego no municipio, necesidades reivindicadas polo concello de Lalín.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-08-21 08:15:00