Xestur desenvolverá o proxecto do parque empresarial de Porto do Son, que será de promoción privada

A construción do parque empresarial de Porto do Son é unha das prioridades do concello. Con este motivo, nunha reunión coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, decidiuse que será Xestur quen desenvolva a parte técnica da planificación do polígono. Deste xeito, a empresa pública ocupará a dirección da obra, do proxecto de execución e do plan especial do parque de promoción privada. Como compensación, Xestur obterá a propiedade de diversas parcelas.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-06-21 09:30:00
Subir