
A ampliación do polígono industrial de Castiñeiras, en Bueu, dá un novo paso cara adiante. A principios do verán a Consellería de Medio Ambiente e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) aprobaban o plan de viabilidade presentado polos promotores da actuación e agora os donos dos terreos afrontan a seguinte etapa, que consiste en someter o plan ao trámite de avaliación ambiental. Neste documento xa se empezan a albiscar algunhas das características do desenvolvemento desta zona, como que o chan que se destinará a uso industrial será de case 90.000 metros cadrados ou que haberá máis de 60.000 metros cadrados reservados a zonas verdes, incluíndo un cinto ecolóxico que bordeará todo o polígono bueués.
Os orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para 2021 destinarán un total de 130,7 millóns de euros a garantir o acceso á vivenda e a incentivar a adquisición de parcelas e o desenvolvemento de chan en áreas empresariais.
Así o avanzou a titular do departamento, Ángeles Vázquez, durante a súa comparecencia na Comisión de Economía e Orzamentos, na que informou as contas da súa consellería para 2021. Así, increméntanse un 14,06%, até os 373,6 millóns.
En materia de chan industrial, destinaranse 37,3 millóns. Os principais investimentos irán ao Polígono de Mouras (13,8) e á Plisan (2). Tamén destaca a renovación das bonificacións de até o 50% para a adquisición de chan industrial.
FUENTE: El Ideal Gallego