Viveiro solicita unha subvención para mellorar a eficiencia enerxética no parque empresarial de Landrove

O Concello de Viveiro solicitou unha subvención para mellorar a eficiencia enerxética na iluminación pública do Parque Empresarial de Landrove.

O goberno municipal adheriuse para iso á Orde de 14 de decembro de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta. O importe solicitado é de 30.938,45 euros para a execución do proxecto, ao que hai que engadir os honorarios do proxecto e dirección de obra, por un custo de 2.722,50 euros.

O Concello de Viveiro proxecta unha obra que incluirá a substitución dos actuais puntos de iluminación do parque empresarial por luces LED de maior eficiencia, co obxectivo de adecuala á normativa de baixa tensión e ao regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de iluminación exterior. O goberno local lembra tamén que, despois das reunións mantidas no seu momento con Xestur, insistirá e presionará á entidade para que arrombe e peche as parcelas tal e como se acordou.

Fonte: Enfoques

Fecha publicacion: 
2023-02-14 12:45:00
Subir