Vilalba reclama un acceso directo do Polígono cara a A-8

Vilalba Aberta súmase ás voces que reclaman a construción dun acceso do Polígono das Sete Pontes coa A-8. Do mesmo xeito, a asociación de empresarios expresou en varias ocasión esta demanda e, incluso, o Concello chegou a emitir tempo atrás unha declaración aprobada en pleno.

Actualmente, Vilalba Aberta afirma que debe potenciarse a ubicación de Vilalba, onde a A-8, ademais, conflúe coa autovía Ferrol-Vilalba (AG-64). Ademais, Vilalba Aberta tamén propón que se ofrezan locais a bo prezo para mozos e mozas que inicien a súa actividade económica na vila.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-04-10 11:00:00
Subir