
O Concello de Vilalba pon á venda o seis parcelas que son de titularidade municipal correspondentes á ampliación do polígono empresarial de Entrepinares. O seis parcelas suman en conxunto 5.600 metros cadrados e a fórmula elixida para a venda das mesmas é a poxa. A máis grande é de 1.052 metros cadrados e as dúas máis pequenas de 860,80 metros cadrados.
A venda aprobarase este luns, día 24 de abril, en Xunta de Goberno e as ofertas deberán presentarse dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Vilalba. O prezo mínimo de partida é de 48,80 euros o metro cadrado máis IVE.
O adxudicatario está obrigado a formalizar a escritura pública de compravenda no prazo máximo dun mes a partir da firma do contrato de sinal. Cando se lle adxudique a parcela deberá abonar o 25% do prezo, e no acto de formalización da escritura de compravenda procederá ao pago do 75% restante.
Ler máis: Enfoques.gal