Vilagarcía aborda un plan de atracción de proxectos empresariais

O concello de Vilagarcía parece decidido a reindustrializar a cidade, mermada de iniciativa empresarial nos últimos anos. Para iso, convocou unha mesa de diálogo coas principais empresas do municipio, co obxectivo de detectar posibles melloras no solo empresarial e outros factores determinantes para a instalación e fortalecemento da súa rede empresarial. As principais demandas foron a ampliación de servizos e mellora das comunicacións nos parques empresariais. Ademais, abordouse a necesidade de cualificar á man de obra naquelas actividades onde as empresas teñen maior demanda.

Fonte: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-11-18 11:15:00
Subir