Viana do Castelo celebrou 41 contratos con apoio ao investimento dende 2012

O presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo, comunicou nunha reunión do executivo que nos últimos sete anos foran celebrados 41 contratos de investimento con empresas. Estes contratos contaron cun apoio directo de financiamento por valor de sete millóns de euros, a través da exención do “Imposto Municipal sobre as Transmissões Onerosas de Imóveis (IMT)” e outras taxas, do apoio no pago de impostos e do apoio na infraestruturación. 

A cámara municipal aprobou, dende que comezaron co seu “Regime de Incentivos” en 2012, 35 propostas de exención do IMT. Estes investimentos prevían a creación de 3.557 postos de traballo no concello, os cales foron creados e superados, pois ata o momento xeráronse 4.857 postos, segundo os datos do municipio.

O Réxime de Incentivos de 2019 prevé tamén reducións e exencións de taxas para inversores e inversoras do sector turístico e empresarial, promotores de actividades económicas relacionadas coa agricultura de base rexional e do mar e rexeneración urbana, entre outros, con especial enfoque no sector Tecnolóxico.

Fonte.- Correio do Minho

Fecha publicacion: 
2019-03-29 08:30:00
Subir