Verín contará cunha planta de biorresiduos situada no Polígono de Pazos

A Xunta de Galicia construirá a cuarta planta de biorresiduos no Concello de Verín, concretamente no Polígono empresarial de Pazos. Así, esta mañá, Anxos Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, presentou o proxecto na parcela na que se situará dita planta, con representantes do Concello de Verín e da Deputación de Ourense.

Anxos Vázquez atribuíu a criterios técnicos a elección de Verín para a execución deste proxecto: "É un Concello que ten unha poboación importante e dende  este polígono industrial darase servizo a moita xente".

Cun orzamento de 5,5 millóns de euros e case 12.000 metros cadrados de superficie, a planta de biorresiduos de Verín beneficiará a 52.300 habitantes da provincia, albergando a totalidade do proceso de compostaxe dos residuos recibidos, así como os correspondentes tratamentos do aire e augas.

SEGUIR LENDO: La Región

Fecha publicacion: 
2021-02-22 16:00:00
Subir