
Vén de realizarse a apertura da poxa pública para as primeiras 45 parcelas da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra – As Neves. Péchase así o ciclo estratéxico de planificación deste proxecto, que nacía coa intencionalidade de ser o segundo maior parque empresarial de España. O custo total, de 231 millóns de euros, será agora compensado a través da venda do primeiro cuarto do polígono, 350 mil metros cadrados, a un prezo de saída de 60 euros o metro cadrado.
Fonte.- ElDiario
Fecha publicacion:
2019-06-11 17:15:00