Unha empresa galega constrúe un centro loxístico de última xeración en Xetafe

A construtora galega OCA culminou un centro loxístico de última xeración para a multinacional británica Segro. A instalación atópase en Xetafe e conta cunha superficie de 48.000 metros cadrados, que se destinarán á explotación do comercio electrónico. A operación englóbase dentro dun acordo estratéxico entre a firma de construción ourensá e o xigante británico. Este centro loxístico supón o principal investimento de Segro en España e súmase á súa carteira de activos cuxa superficie supera o sete millóns de metros cadrados en toda Europa. 

Fonte.- La Voz de Galicia

 

Fecha publicacion: 
2019-06-15 10:15:00
Subir