
A Xunta aprobou a venda dunha parcela de 2.570 metros cadrados en Mos para a instalación dunha empresa que se dedicará á fabricación de sistemas desalación por ósmosis inversa, é dicir, de converter a auga de mar en auga potable. A superficie foi adquirida por un prezo bonificado de forma que a operación pechouse en 291.000 euros tras aplicarlle un desconto de 124.902 euros. A Xunta é a única promotora de chan empresarial de Galicia que, desde o ano 2015, aplica descontos sobre o prezo de venda en todas as parcelas da súa titularidade. Todo apunta a que a empresa que pechou esta compra asentarase no polígono empresarial da Veigadaña.
Fonte: Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2021-12-31 10:30:00