
O parque empresarial intelixente de Madhya Pradesh, na India, de 2,6 millóns de metros cadrados, anunciou un investimento de case 5 millóns de euros na actualización das súas instalacións e, así, poder optar á atracción de 126 millóns de euros, por medio de 60 empresas que poden instalarse no seu solo. O proxecto de dinamización co que conta o parque prevé tamén o emprego de 15.000 traballadores, nunhas instalacións adaptadas ás novas tecnoloxías e que esperan achegar ao fortalecemento económico da rexión. O uso do solo é principalmente comercial.
Fonte: Money Control
Fecha publicacion:
2019-10-16 09:00:00