Un novo proxecto singular empresarial estase planeando para o polígono da Veigadaña, Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a tramitar un proxecto singular promovido pola Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) no parque da Veigadaña, por parte das empresas implicadas, que gardan relación, fundamentalmente, co sector do automóbil. 

Así se avanzou durante unha visita da conselleira, na que subliñou a importancia e o impacto positivo que terá un proxecto destas dimensións para o Concello. Así, indicou que suporá un investimento directo de oito millóns de euros por parte das nove empresas que, nestes momentos, forman parte dunha operación que tamén prevé a creación de 42 novos postos de traballo e a consolidación de preto de 300 empregos directos na zona. 

Nestes momentos xa se dispón no parque empresarial de 18 parcelas reservadas, cunha extensión total duns 24.000 metros cadrados e superficies de entre 1.245 e 1.985 metros. O seguinte paso para continuar coa tramitación é que AEMOS presente a documentación oportuna para poder formalizar e darlle o pulo definitivo á operación, algo que ocorrerá, previsiblemente, antes de que remate o verán e que permitirá proceder á declaración do proxecto empresarial singular en A Veigadaña por parte da Xunta de Galicia. 

Fonte.- IGVS

Fecha publicacion: 
2019-04-08 11:30:00
Subir