
Ata o próximo 22 de abril a Cámara Municipal de Viana do Castelo abre o período de consultas para a construción dun novo parque empresarial na freguesía de Vila Nova de Anha, que se coñecerá como Zona Empresarial da Aguieira.
A iniciativa de promoción é privada aínda que conta co aval da Cámara e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N).
O novo parque de Aguieira estará conformado por oito parcelas, onde, sete se atoparán reservadas para o emprazamento industrial, cunha superficie de 60 437 metros cadrados. Gozará de conexión ferroviaria entre o porto comercial de Viana e Castelo de Neiva, co no da A28.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-03-16 09:30:00