Un aumento nas taxas da Lonxa do Berbés pode afectar ás empresas do sector

Unha subida de taxas para os usuarios e usuarias da Lonxa do Berbés supón un aumento de ata o 158% nalgúns casos. Segundo explican dende a Autoridade Portuaria de Vigo, esta subida débese á actualización das taxas de ocupación, a instancia dun informe de Intervención Xeral do Estado. Segundo este, en Vigo cobrábase por debaixo do establecido pola lei.

Os usuarios e usuarias do Berbés reivindican que as descargas se reduciron dende o aumento das taxas, e que isto afectará principalmente a pequenos e pequenas comercializadoras que non poidan soportar o incremento no pago, que nalgúns casos pasarou de 19.000 euros a 44.000. 

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-04-09 11:30:00
Subir