Tres empresas españolas interesadas no parque empresarial de Areas, en Tui

O parque empresarial de Areas, no municipio de Tui, mantén un gran atractivo para o investimento empresarial, o que se traduce en tres empresas importantes do país preguntando e valorando para instalarse nel. A forte aposta da Xunta de Galicia polo parque do sur de pontevedra, traducido en obras como a de enlace coa A-55, está a supoñer un gran reclamo para grandes empresas españolas, algunhas do sector loxístico e con intención de compra de grandes extensións, que tamén valoran moito a súa cercanía co país veciño, supoñendo unha posición estratéxica para o movemento de mercancía.

Fonte: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2020-01-01 09:15:00
Subir