
Sen facer demasiados espaventos, pois até mañá non vence o prazo de presentación de emendas no Congreso, pero a industria galega do mar, esa que vía ameazada a duración das súas concesións por un artigo -o 18- da Lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica, dá practicamente por vencido o pulso coa vicepresidenta Teresa Ribeira, que se empeña en deixar recolleito nalgún texto legal que os prazos de vixencia dos títulos de ocupación de dominio público marítimo-terrestre «computaranse desde o seu otorgamiento e incluirán todas as súas prórrogas». Esta vez o intento fíxose a través do proxecto de lei que senta as bases para afrontar o quecemento global e as súas consecuencias.
FONTE: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2020-09-09 15:15:00