
A empresa acuícola Stolt Sexa Farm adquiriu no polígono empresarial de Rianxo un total de 44.346 metros cadrados por 2,9 millóns de euros. O espazo corresponde a seis parcelas, o que supón unha quinta parte do chan desta área.
Deste xeito, o terreo industrial rianxeiro supera unha ocupación do 86 %, catro veces máis que no 2019, e queda con sete espazos dispoñibles para futuras adquisicións.
Ler máis: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2022-09-30 06:45:00