Starwood sela a compra do parque empresarial madrileño das Mercedes

Starwood, compañía de investimento no mercado de oficinas, fíxose co parque empresarial Las Mercedes, en Madrid, por 205 millóns de euros. Trátase dun parque situado fronte ao aeroporto de Barajas, con 79.000 metros cadrados repartidos en nove edificios e 1.650 prazas de aparcadoiro. Esta operación suporá un importante beneficio para o anterior dono, Go Madrid Benz, que mercou o parque en 2016 por 140 millóns de euros.

Fonte: El Economista

Fecha publicacion: 
2019-11-19 15:30:00
Subir