A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo pechará este luns o prazo de presentación de ofertas para a urbanización do polígono industrial de Cospeito

A Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa), pechará este luns, 11 de abril, ás 14:00 horas, o prazo de presentación de ofertas para optar á urbanización do futuro polígono industrial de Feira do Monte, un proxecto que saíu a concurso por 1.860.447,98 euros.

Este organismo é o responsable do desenvolvemento desta nova área empresarial no concello de Cospeito, que na súa primeira dáse contará cunha superficie de 104.559 metros cadrados, que se repartirán entre parcelas, zonas verde, viais e aparcamentos, entre outros servizos.

O alcalde de Cospeito, mostrou a súa satisfacción pola boa disposición de SUPLUSA para impulsar este novo polígono. Tamén incidiu en que as empresas interesadas en executar os traballos deben presentar as súas ofertas na sede de Suplusa.

O rexedor avanzou ademais, que unha vez pechado o prazo de licitación se abrirán os sobres correspondentes á documentación presentada por cada unha das empresas interesadas en executar as obras de urbanización, disporán de un prazo de 15 días para amañar posibles erros e carencias nas ofertas presentadas.

Fonte.- El Progreso

Fecha publicacion: 
2019-04-09 11:30:00
Subir