
O tardío, pero fulgurante, crecemento da área empresarial de Costa Vella e A Sionlla provocou que o seu chan estea a piques de esgotarse. O parque, construído no seu día para soportar o crecemento da cidade, quedouse pequeno e xa se precisan de novas ampliacións para poder captar a novas firmas para a capital galega. Co anuncio da Xunta de Galicia de sacar a concurso trinta parcelas desta área, no caso de presentarse oferta por todas elas completaríase o sold out de terreos.
Tendo en conta todo o plano sectorial da zona industrial, contémplanse cento vinte e sete parcelas diferentes, ás que se engaden doce máis para outros usos. Dese montante, cunha superficie de 1.382.799 metros cadrados, noventa e dous xa se atopan vendidas e cinco reservadas, polo que tan só quedan libres trinta, precisamente para as que se sacou agora unha nova convocatoria.
Neste sentido, o 72,44 % do parque empresarial está xa ocupado, un volume que se incrementou de maneira abismal no últimos tres anos, nos que chegaron a este punto de Compostela centos de firmas, atraídas polas oportunidades que presenta este ámbito, próximo ás principais conexións por estrada, pero tamén por aire, de Santiago.
Dabondo é coñecido a apertura de supermercados ou gasolineiras nos últimos tempos, un impulso de determinados sectores que está a provocar unha ?batalla? para captar ao mesmo tipo de cliente. Con todo, tamén existen moitas outras alternativas, como varias construcións de oficinas, cadeas de comida rápida, grandes almacéns e un polo biotecnológico que traerá compañías punteiras.
Sen dúbida, A Sionlla está de moda e iso provocou que se multipliquen as propostas para este espazo. Así, na recente convocatoria da Xunta de Galicia, a través da plataforma Xestur, licítanse trinta parcelas, para un total aproximado de 125.000 metros, cun valor que pode variar entre os 80,50 e os 145,60 euros por metro cadrado. Con elas, espérase esgotar o actual polígono.
Cabe citar que estas parcelas xa saíran a concurso o pasado mes de febreiro, pero, como consecuencia da concorrencia de varias ofertas para unha mesma propiedade, decidiuse repetir a licitación, co obxectivo de preservar a igualdade de op
Leer más: El Correo Gallego