Silleda contará cun viveiro empresarial a finais de 2019

O Polígono industrial Área 33 de Silleda contará antes de que remate o ano cun viveiro de empresas nunha das parcelas de titularidade municipal. Así se comunicou dende a Xunta de Galicia, que dotará ao proxecto dunha axuda de 240.000 euros. Trátase do único municipio de Pontevedra das nove iniciativas aprobadas.

O rexedor amosaba a súa satisfacción por esta achega que permitirá continuar mellorando o polígono industrial. A obra deberá estar finalizada a finais de outubro.

O plan presentado polo Concello conta cun edificio na parcela municipal, que se levantará integrándose coa actual nave municipal, sita tamén na mesma parcela. Este novo edificio serviría como sede para novas empresas tecnolóxicas ou de servizos, permitindo a persoas emprendedoras a posibilidade de contar cun espazo de traballo.

Fonte.- El Correo Gallego

Fecha publicacion: 
2019-04-16 07:45:00
Subir