
O alcalde socialista, José Luís Camiñas, acompañado do tenente alcalde, Alberte Lamazares de UxR, e membros do grupo de goberno recibiron onte a Pedro Branco Lobeiras na que cre é, apuntou o rexedor, «a primeira visita dun delegado do Goberno de Galicia ao Concello de Rodeiro». Foi tamén a primeira institucional de Branco desde o seu nomeamento a un municipio @dezano, aínda que si estivo nalgunha empresa, neste caso na de Kalekoi en Lalín.
No salón de plenos e tras asinar no Libro de Ouro, Camiñas agradecía a visita e aproveitaba para pór encima da mesa dúas necesidades cruciais: a de dispor de vivenda pública para evitar o éxodo dos mozos a localidades próximas como Lalín ou Chantada e a de chan industrial. Destacou unha demanda de vivenda que non se cobre porque «isto quedou estancado e non se constrúe». Camiñas destacou como unha das súas principais preocupacións «unha perda de poboación brutal» e a necesidade de poder acceder ás axudas do Reto Demográfico para poder contar tanto con vivenda pública como con chan industrial
Ler máis: La Voz de Galicia