Ribeira acaricia o novo polígono co pago de expropiaciónes e os traballos arqueolóxicos xa en marcha

O Concello de Ribeira está a realizar xa o pago das expropiacións dos terreos nos que se construirá o novo polígono industrial de 156.800 m2 en Pedras Vermellas e executando as prospeccións arqueolóxicas no ámbito da área industrial e da súa canalización de gas.

O Concello dispón xa do proxecto construtivo definitivo, unha vez realizadas as modificacións que esixía a Deputación da Coruña en relación a uns viais de acceso. 
Por outra banda, o goberno local segue buscando vías de financiamento para desenvolver o polígono, #ante a imposibilidade de desenvolvelo con fondos propios. Neste sentido, o alcalde, #Luis Pérez, dixo que a Deputación se comprometeu a acondicionar o principal acceso ao parque, que o conectará coa autovía, pero fixo un chamamento á Consellería de Economía, Industria e Innovación para que colabore nese financiamento. Con todo, a titular do devandito departamento, María Jesús Lorenzana, xa ofreceu en outubro a súa colaboración, nunha reunión coa patronal, a través das súas liñas de axudas para mellora de infraestruturas de polígonos, redes eléctricas, xestión de residuos, depuración ou construción, reforma ou equipamento de naves industriais que poidan albergar viveiros de empresas.

Ler máis: El Correo Gallego

Fecha publicacion: 
2024-04-12 11:00:00
Subir