Ribadumia contrata unha mellora de viais e a ampliación de beirarrúas no polígono de Cabanelas

O Concello de Ribadumia contratou unha mellora de viarias e beirarrúas no polígono industrial de Cabanelas. A obra foi adxudicada en favor da empresa Construcións, Obras e Viarias, SA (Covsa), cun prazo de execución dun mes e un importe final dun total de 105.878,91 euros. A iniciativa acóllese a unha orde de axudas da Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
As actuacións están previstas nun total de seis cales ou viarios do parque empresarial, coa finalidade principal de ?mellorar a accesibilidade, seguridade e servizos en tramos do viario que presentan importantes deficiencias ou ben carecen de beirarrúas e pavimentación axeitada?, completando ao mesmo tempo a dotación de aparcadoiros.

Ler máis: Diario de Arousa

Fecha publicacion: 
2022-10-19 08:30:00
Subir