Rexistrado un incendio nunha nave do polígono de Trabanca Badiña, en Vilagarcía

Aínda que non houbo que lamentar feridos, varias empresas e vivendas tiveron que ser desaloxadas logo de que se declarase un incendio nunha das cinco naves de Impex Europa, empresa adicada á fabricación de raticidas, biocidas e agrosanitarios. O incendio produciuse no polígono vilagarciano de Trabanca Badiña, e foi extinguido pasadas as 15.00 horas.

En total, foi necesaria a actuación de nove dotacións de efectivos de bombeiros de O Salnés e O Morrazo, logo da recepción da chamada de alerta as 11.48 horas. Actuaron tamén Protección Civil, emerxencias municipais, o Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencia, Policía Nacional, Local e Autonómica, 061 urxencias sanitarias e axentes forestais.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-04-06 10:00:00
Subir