
Unha achega de 20.000 euros do Plan Concellos permitiu renovar a capa de rodaxe do polígono industrial da Freixeira, en Cachafeiro (Forcarei). Os deputados provinciais, Santos Héctor Rodríguez e Manuel González, supervisaron onte a execución dos traballos xunto á alcaldesa, Verónica Pichel.
A mellora do firme executouse nun tramo de cálea Norte do parque empresarial, nunha superficie aproximada de 5.000 metros cadrados. O pavimento atopábase xa moi deteriorado e o Concello aproveitou as obras de asfaltado para efectuar un recalce das tapas de rexistro da rede de sumidoiros e outros servizos, así como da reixa existente na marxe dereita da rúa. Ademais, procedeuse a reordenar a circulación con nova sinalización viaria, delimitándose unha zona para aparcar vehículos, con prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. E crer un espazo para o tránsito de peóns, con pintado de marcas nos viarios, illas e pasos, así como sinais verticais.
Ler máis: La Voz de Galicia