Remátase a pasarela do parque de A Grela

As obras de construción da pasarela que une o parque empresarial de A Grela co centro comercial Marineda déronse por rematadas. O paso peonil inaugurarase o vindeiro mércores coa presencia do presidente da Xunta de Galicia e representantes da Asociación de Empresarios de Agrela, os principais beneficiarios da instalación. O presuposto final foi de dous millóns de euros, para un trazado de 200 metros e, tamén, para unha senda dende a rúa Severo Ochoa ata a parada de bus.

Fonte: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-12-10 17:00:00
Subir