Remata o primeiro prazo de comercialización da Plisan con tres firmas presentando ofertas por 69.000 metros cadrados

Rematado o prazo para presentar ofertas por solo na Plataforma Loxística Intermodal Salvaterra As Neves (Plisan). Os resultados, anunciados pola delegada da Xunta de Galicia en Vigo, son a presentación de tres ofertas que suman 68.865 metros cadrados de parcelas. As tres firmas ofertantes dedícanse aos sectores da conserva, das próteses animais e ao I+D+i. A demanda do solo, a pesar de ser inferior ás estimacións, considérase un bo punto de partida para que exerzan de tracción para outras empresas, xa que se trata de firmas recoñecidas nos seus sectores en Galicia.

Fonte: El Correo Gallego

Fecha publicacion: 
2019-10-22 09:15:00
Subir