A Rede de Parques Tecnolóxicos de Euskadi e o Grupo SPRI continúan co servizo de antenas posto en marcha en 2018

O Grupo SPRI e a Rede de Parques Tecnolóxicos de Euskadi continúan co servizo de antenas de SPRI posto en marcha en 2018 e dirixido a todas as empresas radicadas nos Parques de Áraba, Gipuzkoa e Bizkaia

Con este servizo, quérese proporcionar dende ámbalas institucións unha relación directa para a resolución de calquera tipo de dúbida ou consulta dos diferentes servizos ofrecidos dende SPRI: programas, axudas, orientación, etc. Nas antenas trataranse proxectos concretos, xa en marcha ou en fase de preparación nos cales SPRI poida asesorar.

Como en ocasións anteriores, abrirase mensualmente un prazo de inscrición a través de formulario, onde se solicitará unha breve descrición da consulta e unha persoa de contacto. As citas pecharanse e comunicaranse coa debida antelación, os encontros terán lugar no Parque correspondente á localización da empresa solicitante.

Fonte.- Parke.eus

Fecha publicacion: 
2019-03-07 09:45:00
Subir