Publicada no DOG a aprobación da modificación do proxecto do Parque Tecnolóxico de Vigo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a aprobación definitiva do proxecto sectorial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) de Vigo, presentado polo Consorcio da Zona Franca e aprobado polo Consello da Xunta o pasado 17 de abril. Con este trámite facilítase a ampliación deste espazo nunha superficie total de 252.484 metros cadrados, cunha edificabilidade máxima de 164.461 metros cadrados.

Fonte: Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-05-25 11:30:00
Subir