Proxectan un novo parque industrial de case 342.000 m2 en Boiro

O Concello de Boiro está a traballar no proxecto para a construción dun novo parque empresarial no municipio, que está previsto na zona de Vista Alegre e co que se pretende resolver o actual problema de espazo para nova industria que hai no polígono de Espiñeira.

Os terreos previstos ocupan unha superficie total de máis de 341.827 metros cadrados, dos cales 212.496 serían de uso industrial, 41.988 de zonas verdes e 20.698 para equipamentos.

E, se o actual parque empresarial ten acceso directo desde a autovía en Espiñeira, o futuro terao en Vista Alegre, a uns dous quilómetros do anterior. A zona verde que se proxecta colindaría co cemiterio municipal.

FONTE: El Correo Gallego

Fecha publicacion: 
2020-10-08 07:45:00
Subir