
VGP, promotora belga de parques empresariais, con cinco parques en España, comezará no vindeiro mes de outubro a construción do seu primeiro parque empresarial en Portugal, concretamente para empresas do sector industrial e loxístico. O mesmo terá unha superficie de 73.500 metros cadrados e contará con parcelas dun mínimo de 2.500 metros cadrados. Segundo a propia compañía, as instalacións van proporcionar condicións adecuadas e de elevada calidade para os servizos de loxística, almacenamento, actividade comercial e industria lixeira.
Fonte.- Supply Chain Magazine
Fecha publicacion:
2019-08-27 11:15:00