
O Índice de Produción Industrial crece un 0,1 por cento na zona euro no mes de setembro. Cando as previsións no mes esperaban unha nova redución próxima ao -0,3, a realidade situouse catro puntos por enriba. Aínda así, a taxa interanual situouse no -1,7 por cento, sendo xa o décimo primeiro mes consecutivo en cifra negativa. O país con maior crecemento foi Irlanda, cun 8,8 por cento. Mentres que o maior descenso sufriuno Malta, cun -3,7. En España, a produción industrial caeu un 0,9, aínda que a taxa interanual sitúase nun positivo 0,4 por cento.
Fonte: El Economista
Fecha publicacion:
2019-11-14 12:30:00