A presenza internacional das compañías galegas de maquinaria continúa crecendo

A evolución da presenza exterior das compañías do sector da maquinaria de Galicia é boa, xa que no primeiro trimestre do ano aumentaron as súas exportacións nun 43,5% con respecto ao mesmo período do ano anterior e as exportacións lograron un valor de 202 millóns de euros. No mes de marzo a suba tamén foi destacada, un 47,7% e acadaron un volume de vendas de 69,8 millóns de euros.

Fonte.- Xunta de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-06-13 09:45:00
Subir