Poxa de oferta pública de venda de inmobles propiedade do Instituto Galego de Promoción Económica

Poxa de oferta pública de venda de inmobles propiedade do Instituto Galego de Promoción Económica. O prego de bases polo que se fixan os criterios de venda e demais documentación, poderá ser examinado na páxina web www.xesturgalicia.com e nas oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. en horario de 09:00 a 14:00 horas. As solicitudes presentaranse en sobre pechado, indicando o nome da poxa e o nome do solicitante. O prazo de presentación de proposicións para participar napoxa, rematará o vindeiro 13 de Xaneiro do 2020, podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur, S.A. ata as 14.00 horas do derradeiro día de prazo.

Fonte: Xestur Galicia

Fecha publicacion: 
2019-12-12 16:45:00
Subir