Portugal traballa na atracción de empresas afectadas polo Brexit

Segundo o Observatorio de Investimento Estranxeiro do Financial Times, 26 proxectos de investimento valorados en 460 millóns de euros, instaláronse xa en solo empresarial portugués, creando uns 1.400 postos de traballo.

Do mesmo xeito, confirma que o Reino Unido foi no pasado ano o principal investidor directo estranxeiro de Portugal. Neste contexto, o servizo ‘Empresa na Hora’ está actualmente traballando para instalar un ‘Balcão Brexit’ co obxectivo de captar o maior investimento estranxeiro posible para Portugal aproveitando a dubidosa situación actual de Reino Unido.

Outras medidas polas que aposta Portugal, son, por exemplo, a creación dunha liña de financiamento de 50 millóns de euros para apoiar ás empresas no caso e que non haxa acordo co Brexit.

Fonte.- AICEP

Fecha publicacion: 
2019-04-08 09:30:00
Subir