
A creación dun polígono industrial continúa sendo un dos obxectivos do Concello de Porto do Son, que se ve animado pola demanda de solo existente. Os contactos mantidos entre concello e empresariado indican que unha vintena de empresas están interesadas en adquirir terreos.
O alcalde explicou que hai solicitudes procedentes de moi diversos sectores, entre os que figuran unha marmolería, un almacén de ferraxaría, unha compañía destinada á fabricación de nasas e tamén algúns armadores.
A demanda implicaría a ocupación dunha superficie de 70.000 metros cadrados, dos 300.000 susceptibles de urbanizar. A intención é dispor dun plan de acción conxunto aínda que posteriormente a adecuación do terreo se realizará na medida que se realicen propostas firmes para a implantación de naves.
O desenvolvemento do parque require da elaboración previa dun plan parcial, que determine áreas verdes, accesos e predios. A súa redacción implica un desembolso de 100.000 euros e, para efectuala, o Concello de Porto do Son alcanzou un acordo coa Consellería de Infraestruturas.
Fonte.- La Voz de Galicia